4/8/08

A Fervenza (O Corgo)

O primeiro é comentar que foi un pouco complicado chegar ata o lugar coa única axuda deste plano. Mellor dito foi imposible, porque houbo que preguntar nunha tenda en Lousada como dar coa Fervenza. Todo isto foi debido a que xa tomada a "Carretera vella", que debe ser moi coñecida (pero non na miña casa), o mapa dá a entender que o "Camiño" se atopa 5 quilómetros máis alá. E 5 quilómetros máis alá non tiñamos pasadas nin as pontes debuxadas... Así que pensamos que a carretera non era a correcta, e demos máis voltas ca unha buxaina. As persoas de Lousada guiáronnos doutro xeito, no canto de coller o "Camiño" continuamos ata tomar un desvío á esquerda nunha curva bastante pechada, seguindo un cartel que poñía A Fervenza. E ao final, chegamos, pero o caso é que o devandito cartel referíase á Casa Rural, non á Fervenza en si, así que preguntamos a un home cun can e cun rabaño de ovellas onde se atopaba o que queriamos ver(aínda que a oiamos, non sabiamos por onde había que tirar). E o bo do pastor mandounos dous kilómetros en sentido contrario (cousas que pasan), así que tras un tempo camiñando e sospeitando que o home nos mandara en dirección contraria polo "Camiño" do mapa cara a ponte no Neira, decidimos dar a volta. E topamos co pobre home e mais o seu rabaño. E dixémoslle que sí, que xa estabamos de volta. O caso é que cando escoitamos a Fervenza de novo, conseguimos achegarnos (sospeito que violando leis) e tomar algunas fotos e videos. Eu penso que toda a aventura mereceu a pena. Velaí van as imaxes. Unha aperta,

Lugo Salvaxe.

Fotografías



Videos



(Quedan dous videos pendentes de subida)